Ioga para nenos e nenas Cando os cativos fan ioga, adquiren conciencia do seu propio corpo, aprenden a recoñecer cada unha das partes e adoptan boas posturas para evitar futuros problemas de costas ou doutro tipo. Ademais, fortalecen os músculos e adquiren flexibilidade.