Documental | 'Los colores del agua'

Os corais son un reflexo da pureza da auga, e dela depende a perfecta simbiose que manteñen coas olgas que lles dan as súas belas cores. No fondo das cálidas augas mariñas forman arrecifes, que se alzan como cidades. Mantas, quenllas e unha infinidade de peixes sucédense nun dos ecosistemas máis diversos da Terra.

O mar cobre tres cuartas partes do globo terrestre. Nos océanos orixinouse a vida e neles conviven desde os seres máis diminutos ata os máis colosais, nunha relación de mestura global e en circulación continua.