Descobre a Booba, un personaxe doutro mundo

Booba é adorable e curioso coma un neno de 5 anos. Explora o mundo sen enfados nin resentimentos, só con ledicia e sorpresa. Non fala, aínda que expresa con sons as súas emocións. 

Ninguén sabe de onde veu, pero é evidente que perdeu os últimos 100 anos de evolución humana e explora as ubicacións modernas con toda a súa enerxía e afervoamento.

Unha serie que cautiva tanto a cativos/as como a adultos, chegando a facernos quedar pasmados e sen mover ningunha perfeba.